Una muestra de sus poemas
Navy bar
Este bar se balancea
Y también está listo
para hacerse a la vela.
Nos llenaron el vaso
con toda el agua del Mar
para hacer un cocktail de horizontes
Colgados de las horas
atlas geográficos de esperantos
están sin traducción
Y tartajean las pipas
con el políglota ademán de las banderas
Ese cantar improvisado
es el mismo
que se improvisó en alguna parte
¿Quién ha venido a avisarnos
de esa cita nocturna
que tenemos con el viento al N E
en la encrucijada de las estrellas apagadas?
Aquí bebe de incógnito
el Marinero Desconocido
-sin geografía ni literatura-
En la noche de los naufragios
con su brazo salvavidas
aferrará con nosotros una vela de chubascos
El último vaso
estaba lleno de despedidas
Por las calles dispersas
nos íbamos encerrando
cada uno dentro de su alta mar
En el fondo de algún vaso
todas las noches naufraga el Bar.
(versión en español de Rafael Dieste)
…Encheremol-as velas
c’a luz náufraga d’a madrugada
…Pendurando en dous puntos cardinaes
a randeeira esguía
d’o pailebote branco
………………..C’as suas mans loiras
………………..acenan mil adeuses as estrelas
…Inventaremos frustradas descobertas
…a barlovento d’os horizontes
…pra acelerar os abolidos corazóns
d’os nosos veleiros defraudados
…Halaremos pol-o chicote
d’un meridián innumerado
…N’a illa anónima
de cada singladura
esculcaremos o remorso d’a cidade
………Ela noitámbula desfollará
………como unha margarida prostibularia
………a Rosa d’os Ventos d’o noso corazón
…Encadearemos adeuses d’escuma
pra todal-as praias perdidas
…Xuntaremos cadernos en branco
d’a novela errante d’o vento
…Pescaremos n-a rede d’os atlas
ronseles de Simbad
…E cazaremol-a vela
sobre o torso rebelde d’as tormentas
pra trincar a escota d’unha ilusión.
A fragata vella
…Tel-os ollos distantes
decorados de rostos xoviaes
…que os vellos mariñeiros
permutaron pol-os climas antípodas
…Levas n-o leme
un pulo de brazos tensos
que retorceron os largacíos
horizontes d’o mar
…O vento
…………..atortorando
…desfollou d’os velamios
outonos de mocedades
…Mercabas colares circunmeridiáns
n-os bazares d’estrelas
…Amarrabas faros dispersos
c’o simblador calabrote d’o ronsel
…Floreceches n-o Mar
primaveiras amargas
de foulas e escamallos
…Inda que o vento encalme
…tremela n-as tuas velas
unha rafega de transmigracións
…N-ese teu corazón innumerábel
…tamén enchen e debalan
as mareas d’o meu corazón.
Travesía
…Troqueles reiterados
…o reloxe e o Sol
alcuñaron moedas efímeras
que repetían todas
a mesma cara e a mesma cruz
…A costa e o Mar
escamotearon unánimes dorsos
…permutadores d’a mesma
lonxincua evasión
…Temos un estrangoado diagrama
repasado por todol-os novelos d’horizonte
que viraron a proa e a Rosa d´os Ventos
…N-a fasquía d’os barcos anónimos
postos a flote pol-a madrugada
…estraviados n-o roteiro d’o serán
…persistiron sempre
a mesma foula e o mesmo ronsel
…Ese intertroque de radiogramas
…que.reeditaron os faros e as estrelas
…dou-nos a multiplicación monótona
d’as mesmas letras d’o mesmo morse
…Foi a derradeira rafega d’o vento
quen nos desfollou de todal-as lembranzas?
…O Mundo
……………que xa non sabe
mais que repetir unha volta consabida
…rachou clandestinamente
as follas imprevistas d’os almanaques
…C’as nosas mans suicidas
…espallaremos n-o carroussel d’os ventos
os catro puntos cardinais
…Mentras
…………..o timoel
arrumbará proa a Ningures
…Repetiremol-os cansos corazóns
cronometrando monotonías
…N-as velas indecisas
…follea o vento un indelébel
álbum de leit-motiws
…O minuteiro
………………..(tic-tac)
asumeu o compás d’as travesías.